Unha ambulancia de luxo para tratar o ictus do mellor xeito

08/05/2014

Este 'laboratorio' para o diagnóstico do accidente cerebrovascular conta cun TAC de oito cortes.

Chámase STEMO e é unha ambulancia de luxo. Ata agora, esta información podería parecer publicitar unha das moitas novas tecnoloxías sanitarias que se presentan no mundo. Pero un estudo publicado na última edición da revista JAMA confirma que, efectivamente, este sistema de transporte de pacientes é a mellor opción para as persoas que sufriron un ictus agudo isquémico.
 
STEMO (que corresponde ás siglas en inglés de Urxencia Móbil para Infartos Cerebrais) é, en aparencia, unha ambulancia normal, pero no seu interior conta cun TAC de oito cortes, un 'laboratorio' para o diagnóstico do ictus, con capacidade para facer unha anxiografía e unha potente conexión que facilita a práctica da telemedicina. Por suposto, na ambulancia tamén viaxan profesionais sanitarios, en concreto neurólogos expertos no tratamento do infarto cerebral.
 
A hipótese dos investigadores era sinxela: saber se levar a cabo unha trombolise intravenosa (a disolución do coágulo que provocou o infarto cerebral) na propia ambulancia no canto de esperar a chegar ao hospital reducía o tempo que se tardaba en que saltase a alarma.
 
Para comprobalo, os investigadores estudaron a 4.795 persoas que sufriran un ictus, das que 2.969 non foron tratados na ambulancia STEMO e 1.804 si. O tempo de alerta reduciuse en 25 minutos e non se observou ningún aumento de efectos secundarios nin un incremento de risco de hemorraxia intracraneal.
 
Segundo explica a este diario desde Berlín Martin Ebinge, neurólogo do Center for Stroke Research de Berlín Martin Ebinger, primeiro firmante do estudo de JAMA, a STEMO está en Berlín, pero hai outras similares no mundo. Unha en Homburg, cuxos resultados tamén positivos publicáronse en 2012 en The Lancet Neurology e outra en Houston (EEUU), que está equipada tamén cun TAC.
 
Un portavoz de MEYTEC GmbH, a empresa alemá que deseñou a ambulancia 'de luxo' (ten un custo aproximado dun millón de euros) xunto co profesor Heinrich Audebert, do Hospital Charité de Berlín, sinala que recibiron "mostras de interese" por parte de especialistas españois, pero que aínda non se encargou un vehículo deste tipo para este país.
 
*Información e imaxe extraídas de El Mundo.
 
Categorías: Dano Cerebral Adqurido , Ictus
Tags: ictus

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información